Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Forgoselo. (Expediente 8/1998).

Examinado o expediente instruído por instancia de Gamesa Energía, S.A. (anteriormente denominada Gamesa Promoción Eólica, S.A.) con domicilio para efectos de notificacións en Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, C.P. 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Forgoselo; resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 14 de decembro de 1998, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa

Energía, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Forgoselo, de 24,42 MW, e presentar a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña do 15 de xaneiro

de 1999, publicada no BOP do 13 de febreiro de 1999, no diario El Ideal Gallego do 9 de febreiro de 1999, no DOG do 8 de febreiro de 1999 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de San Sadurniño e A Capela.

Durante a fase de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

De Endesa, S.A.:

1º O prazo sinalado no Art. 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, foi excedido (data de publicación 1ª fase-Art. 10 do 30 de xuño. Data de presentación do proxecto-2ª fase-Art. 12 o 14 de decembro de 1998), polo que procede a caducidade do expediente e a nulidade das actuacións practicadas.

2º Identificación do solicitante como Gamesa Promoción Eólica, S.A. e na instancia sinálase a posible solicitude de cambio de nome a unha sociedad do grupo Gamesa, con anterioridade Gamesa Energía, S.A., polo que cabe preguntarse ¿quen é realmente a entidade peticionaria?.

Da Asociación de Monte Forgoselo:

1º Presentación do proxecto na 2ª fase extemporánea (14 de decembro de 1998).

2º A documentación que se xunta non se axusta ós requisitos esixidos no artigo 12 do Decreto 205/1995, entre outros os do estudio técnico-económico de viabilidade cando se acompaña balance económico de 1995.

As citadas alegacións foron remitidas á empresa Gamesa Energía, S.A. e contestadas por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Terceiro.-O 16 de xullo de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña emitiu informe sobre o citado proxecto, indicando que cumpre a regulamentación técnica vixente. As características básicas do proxecto son:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeConcelloVértices

ForgoseloA CapelaX Y

San Sadurniño

0.574.000 4.816.500

0.581.500 4.816.500

0.581.500 4.812.000

0.577.000 4.812.000

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Producción anual neta estimada: 76.368 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.122.645.151 ptas.

Cuarto.-O 15 de xullo de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que non se poden acepta-las alegacións presentadas polos interesados polas razóns que a continuación se indican:

1. Non se presentaron solicitudes en competencia e o proxecto de execución foi admitido a trámite, polo que non procede a caducidade.

2. Respecto ós cambios de titularidade de Gamesa Promoción Eólica, S.A., a Gamesa Energía, S.A., é a mesma sociedade, xa que o único que se produciu é un cambio de denominación social.

3. A competencia técnico-económica de Gamesa Energía, S.A. está suficientemente contrastada.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizar a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Forgoselo, que se situará nos concellos da Capela e San Sadurniño.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 62.452.903 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigacións, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, número 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.122.645.151 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 15 de xullo de 1999, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria