Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 29 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Paioso, 4889.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Paioso, 4889, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, no concello de Maceda (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 17º 35' 20'' 42º 16' 00''

Vértice 27º 34' 20'' 42º 16' 00''

Vértice 37º 34' 20'' 42º 15' 00''

Vértice 47º 35' 20'' 42º 15' 00''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 29 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense