Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 19 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Tina, 4898.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida defintivamente a solicitude do permiso de investigación Tina, 4898, de 66 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, no concello de Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 17º 43' 20'' 42º 25' 00''

Vértice 27º 44' 20'' 42º 25' 00''

Vértice 37º 44' 20'' 42º 26' 40''

Vértice 47º 42' 20'' 42º 26' 40''

Vértice 57º 42' 20'' 42º 25' 40''

Vértice 67º 41' 20'' 42º 25' 40''

Vértice 77º 41' 20'' 42º 23' 20''

Vértice 87º 43' 00'' 42º 23' 20''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 19 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense