Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición para declaración ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das intalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Peña Forcada. (Expediente 4/1999).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os Decretos 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someténse a información pública, por solicitude da empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Declaración ambiental.

-Aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das intalacións que comprenden o proxecto do parque eólico de Peña Forcada.

Denominacion: parque eólico de Peña Forcada.

Peticionario: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

r/ Betanzos, 1, 1º Esquda., 15004 A Coruña.

Situación: concello de Camariñas (A Coruña).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

A(X= 496.000, Y= 4.777.000), B(X= 488.000, Y= 4.777.000)

C(X= 484.000, Y= 4.779.000), D(X= 486.000, Y=4.782.000)

E(X=496.000, Y= 4.782.000).

Características técnicas do parque eólico.

-Nº de aeroxeradores: 58.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 38,28 MW.

-Tipo de aeroxerador: Gamesa G47-660 kW.

-Producción neta anual estimada: 119.093 MWh/ano.

-Orzamento total: 5.360.000.000 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-58 aeroxeradores tipo Gamesa G47-660 kW de potencia nominal unitaria.

-58 centros de transformación de 775 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior da torre do aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión ata o transformador de 66/20 kV da subestación.

-Liñas subterráneas de cable de fibra óptica de 4 fibras, desde os aeroxeradores á subestación de 66/20 kV.

-Subestación tranformadora de 66/20 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico composta por un transformador principal de 66/20 kV y 45 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV, de 400 kVA de potencia nominal e sete celas de 20 kV cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán face-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña