Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de novembro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se notifican liquidacións de reintegros de axudas e subvencións ó contribuínte que se sinala (Josebe C.B.).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio, liquidacións polas que se lle require un reintegro ó obrigado tributario que se sinala no anexo.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 3 da Orde do 21 de xullo de 1998 pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas e subvencións.

A débeda deberá ser ingresada nos prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, contados desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia. A débeda non satisfeita nos prazos previstos no citado artigo esixirase na vía de constrinximento, de acordo co artigo 97 do mencionado regulamento.

Vigo, 9 de novembro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Obrigado tributario: Josebe C.B.

NIF: E36817799.

Domicilio: Avda. Martínez Garrido, 11 baixo.

Nº de expediente: 1998/54/000/2169.

Expediente orixe: 1997/36/000/H-12/98.

Importe: 400.000 pesetas, 2.404,05 euros.

Causas: incumprimento condicións concesión da subvención.