Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de novembro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan, comprobación de valores e liquidacións, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alfonso Otero, María Blanca e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: comprobación de valores e liquidacións, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta Delegación Territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque

1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de novembro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Alfonso Otero, Mª Blanca

DNI: 36.052.458

San Caetano, 24-1º D, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expediente: D-196/92

Doc.: 651800083736

Domínguez Couto, José

DNI: 76.987.446

Avda. Val Miñor, 7-Cs., Nigrán

Imposto de sucesións e doazóns

Expediente: S-1184/97

Doc.: 650070030295

González Martínez, Antonio

DNI: 27.769.714

Nicaragua, 6-Esc. 2-5º B, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expediente: S-1295/96

Doc.: 650600301176