Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: subministración de equipamento informático para a Área de Formación, Recursos Humanos e Organización.

3. Orzamento: 6.350.000 ptas.

4. Prazo de entrega: 1 mes.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: trece (13) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, das 10 ás 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 271, do 25 de novembro de 1999.

Lugo, 25 de novembro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo