Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico, pola que se anuncia a publicación das convocatorias, bases xerais e específicas, para a provisión de diversas prazas.

No BOP números 243 e 244 do 22 e 23 de outubro de 1999, respectivamente, publícanse as convoca

torias, bases xerais e específicas, para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario e laboral que a continuación se relacionan, vacantes na relación de postos de traballo deste instituto, para o ano 1998 e 1999, que se proverán polo sistema de concurso-oposición, reservadas a promoción interna.

Cadro de persoal funcionario.

Número de prazas: 1. Denominación: coordinador da granxa provincial Gaioso Castro. Escala: administración especial. Subescala: servicios especiais. Clase: persoal de oficios.

Número de prazas: 1. Denominación: maquinista. Escala: administración especial. Subescala: servicios especiais. Clase: persoal de oficios.

Cadro de persoal laboral.

Número de prazas: 1. Denominación: conductor. Grupo D.

Número de prazas: 2. Denominación: maquinista. Grupo D.

Número de prazas: 1. Denominación: oficial de 1ª. Grupo D.

Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes), no modelo que figura como anexo I das bases xerais e que se facilitará no Negociado de Xestión de Programas, Rexistro e Información (Sección Servicios Xerais) deste instituto. Presentaranse no rexistro xeral do Inludes, y na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria só se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de anuncios deste instituto.

Lugo, 5 de novembro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Diputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo