Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 29-9-1999, o estudio de detalle formulado para a ordenación de volumes na unidade de actuación Centro Sur número 4 (Carril das Flores-Carril das Hortas) do PXOU vixente, que modifica o aprobado polo Concello Pleno con data do 9-12-1994, solicitado por David Lázare Rodríguez na súa calidade de presidente da xunta de compensación da devandita unidade de actuación.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente a suspensión do procedemento do outorgamento de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición na totalidade dos terreos comprendidos no seu ámbito que supoñan modificación das determinacións do réxime urbanístico vixente, ata a aprobación definitiva do presente estudio de detalle ou, de se-lo caso, polo prazo dun ano, se aquela non se produce durante este prazo.

Lugo, 6 de outubro de 1999.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario en funcións

Visto e prace

Selado e rubricado