Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión ordinaria do día 25 de outubro de 1999, prestou a súa aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na zona de Vilaxuane, contorno da zona escolar-institutos, Foz (Lugo).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Foz, 9 de novembro de 1999.

José María García Rivera

Alcalde