Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación anticipada e urxente mediante concurso, do expediente C.P. 2/2000, para a adquisición de leite e derivados.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación anticipada e urxente, mediante concurso, para a adquisición de leite e derivados.

Obxecto e orzamento.

A adquisición de leite e derivados, por un orzamento máximo de vinteún millóns novecentas unha mil trescentas vintedúas pesetas (21.901.322 ptas.) (IVE incluído).

Prazo de execución do contrato: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. (27004) Lugo. Teléfono: 982 29 65 52 e fax: 982 21 29 24.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de catrocentas trinta e oito mil vinteseis pesetas (438.026 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Prezo, ata 5 puntos.

-Calidade dos productos, ata 4 puntos.

-Tipo e calidade do envasado, ata 3 puntos.

-Prazo de entrega, ata 2 puntos.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente,

no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 8 de novembro de 1999.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo