Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado da estrada AC-141 e AC-142 Cabanas-As Pontes de García Rodríguez (fase I), tramo: Cabanas-A Capela-Goente, termos municipais de Cabanas, A Capela e As Pontes de García Rodríguez (clave AC/98/59-1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desen

volvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 20 de xaneiro de 1999, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras: proxecto de trazado da estrada AC-141 e AC-142 Cabanas-As Pontes de García Rodríguez (fase I), tramo: Cabanas-A Capela-Goente, clave: AC/98/59-1, termos municipais de Cabanas, A Capela, e As Pontes de García Rodríguez, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 5 de febreiro de 1999, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 24/1999, publicado no DOG nº 31, do 16 de febreiro de 1999.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas nos concellos de Cabanas, As Pontes de García Rodríguez e A Capela, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Cabanas.-Día: 11 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Abeledo Porta, Antonio a Badía Fernández, Matilde.

Horario: 16 horas a 18 horas.

De: Badía Gutiérrez, Nicolás a Carballo Fabal, María.

-Día: 12 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Carballo Feal, Eladio a Fabal García, Carmen.

Horario: 16 horas a 18 horas.

De: Fabal López, Purificación a Fernández Rodríguez, Modesta.

-Día: 13 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Fernández Sardiña, Alfredo a Gayo, Esther.

Horario: 16 horas a 18 horas.

De: Gayo Gato, Hdros. Manuela a Otero Rodríguez, Manuel.

-Día: 14 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Pajón Soto, Alfredo a Rodríguez Amado, María Milagros.

-Día: 17 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Rodríguez Calaza, José a Rodríguez Salido, Francisco.

Horario: 16 horas a 18 horas.

De: Rodríguez Salido, Marina a Vizoso Carballo, Hdros. Cesáreo.

Casa do Concello da Capela.-Día: 18 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Ameneiro Paz, Juan Manuel a Fernández Arnoso, Mª Manuela.

Horario: 16 horas a 18 horas.

De: Formoso Freire, Carmen a Pico Regueiro, Alfonso.

-Día: 19 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Pico Sardiña, Manuel a Vilariño Vilariño, Sara e outros.

Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez.-Día: 20 de xaneiro do 2000.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Alonso Seco, Juan José a Rivera Formoso, Manuel.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 25 de novembro de 1999.

P.A.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña