Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado da estrada Pocomaco-A Zapateira (clave N/AC/95.4), termo municipal da Coruña.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 24 de xuño de 1999, procédese a aprobación do proxecto de construcción das obras: proxecto de trazado da estrada Pocomaco-A Zapateira, clave: N/AC/95.4, termo municipal da Coruña, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 30 de setembro de 1999, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 265/1999, publicado no DOG nº 197, do 11 de outubro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación

exposta no Concello da Coruña, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas a ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Día 27 de decembro de 1999:

De 10 horas a 13 horas.

De: Concello da Coruña a Loureiro Lamas, Miguel e outro.

-Día 28 de decembro de 1999:

De 10 horas a 13 horas.

De: Medín Garea, Marina a Universidade da Coruña.

En: Servicio Provincial de Estradas (Novos Ministerios).

Praza de Luís Seoane, s/n, 9ª planta (A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do reglamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 25 de novembro de 1999.

P.A.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña