Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 01 de decembro de 1999 Páx. 14.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004597/1999, interposto polo Concello de Oleiros.

Con data do 25 de outubro de 1999, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural recibe da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 02/0004597/1999, interposto polo Concello de Oleiros, contra desestimación presunta do recurso de alzada interposto a través de Resolución 2259/1999, perante a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre expediente de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal da UA nº 25, parcela I en Mera-Maianca.

A Consellería de Medio Ambiente, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda nesta data a remisión do expediente administrativo á referida sala, ordenando a súa notificación para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte

en autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente