Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto de instalacións do ramal a Aluminios Quintás, nos termos municipais de Rois e Padrón.

Por Resolución do 20 de outubro de 1999, a Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia autorizou o proxecto de instalacións do ramal a Aluminios Quintás, que discorre polos termos municipais de Rois e Padrón. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos concellos onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o precitado artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedese, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e presenta-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar a súa custa, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse o próximo día 11 de xaneiro do 2000, a partir das 9 horas no Concello de Padrón; o día 11 de xaneiro do 2000, a partir das 16 horas e os días 12, 13 e 14 de xaneiro do 2000, a partir das 9 horas no Concello de Rois.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación desta resolución ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo, así como daqueles que resultasen de titularidade descoñecida ou con enderezo ignorado da relación que se someteu ó trámite de información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 11 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos ou con domicilio ignorado.

Convocatoria actas previas.

Proxecto: ramal a Aluminios Quintás.

Termo municipal: Padrón.

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

C-PA-15Descoñecido1017010585Monte baixo11Xaneiro11

Termo municipal: Rois.

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

C-RO-27Manuel, José e Trina Amalia Sorribas San Martín44014499-32Monte alto12Xaneiro16

C-RO-35Dolores Casal Lorenzo99014499-23Monte alto13Xaneiro9

C-RO-38Avelina Verde Verde1111014490-20Monte alto13Xaneiro9

C-RO-40Ramón Iglesia Vieites1111014499-18Monte alto13Xaneiro10

C-RO-43Mª Luisa Leborans Barreiro33014499-15Monte alto13Xaneiro10

C-RO-65Descoñecido64514490-50Monte alto14Xaneiro12

C-RO-70Manuel Verde Pardo33014490-44Monte alto13Xaneiro16

C-RO-73José María Guerra Casal22014490-38Monte alto13Xaneiro16

C-RO-75Hrdos. Marcelino Bustelo Cantelar22014490-36Monte alto13Xaneiro16

C-RO-90Descoñecido33014490-21Monte alto14Xaneiro12

C-RO-107Descoñecido77014484-1Monte alto14Xaneiro12

Termo municipal: Rois.

Predio nºTitularAfecciónCatastroNatureza Citación

L.M.L.O.T. mExp. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

C-RO-12/1-EPCDescoñecido00014496Monte alto14Xaneiro12

Instalaciones auxiliares-abreviaturas utilizadas: EPC=estación protección catódica, PO=posición.