Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,
Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 8/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
«En Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.
José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:
Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 8/1999, seguidos neste xulgado sobre coaccións, nos que son partes a denunciante María Dolores Gil Rodríguez, e como denunciada, María Fernández Pérez.
Decido que debo absolver e absolvo libremente a María Fernández Pérez da falta de coaccións pola que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Mª Dolores Gil Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e nove.
A secretaria
Rubricado