Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.059

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 23 de novembro de 1999, da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 63 do grupo III que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado no acordo do 26 de outubro de 1999 (DOG número 212 do 3 de novembro) polo que se fan públicas as listas provisionais para

a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 4 e 63 do grupo III e vistas as alegacións feitas polos interesados, da categoría 63 do grupo III (lista B), na sesión do día 23 de novembro de 1999 esta comisión

ACORDA:

Primeiro.-Facer pública a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo III categoría 63 (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma:

-Abelenda Cornes, Julio.-Aldemunde Moscoso, José Antonio.-Canto Vázquez, Arturo José.-García Rodríguez, José.-Gesteira Rodríguez, Rubén.-González Rodríguez, José Luis.-Lage Lamas, Jesús.-Olveira Bretal, Tomás.-Pallas Barreiro, José Manuel.-Rial Moreira, Víctor Manuel.-Saavedra Milao, Francisco.-Suárez Cereijo, Álvaro.-Uria García, Miguel Ángel.-Viña Carracedo, Antonio.

Segundo.-Os solicitantes relacionados anteriormente estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo III: 7.515 ptas.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

Ramón del Valle López

Presidente da Comisión Permanente de Selección

de Persoal Laboral