Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.059

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio 1998, para o persoal transferido do Instituto Nacional de Emprego polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 14 de outubro de 1999.

Visto o acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio 1998, no que se recolle o acordo aprobado o día 23 de setembro de 1999, entre representantes da Administración autonómica e a organización sindical CIG, representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, así como na comisión de reparto das Axudas de Acción Social do ano 1998, consistente en: abri-lo prazo de presentación de solicitudes polo prazo dun mes a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e unicamente para os solicitantes que resultaron excluídos nas listas definitivas do Fondo de Acción Social do ano 1998, ós que lles será de aplicación a normativa establecida no anexo da Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 146 do 30 xullo), e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.

Jose María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais