Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 307/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 21 de outubro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da unidade reparcelable na zona 7 do SU-31 do PXOU de Ourense, redactado de oficio polo Concello de Ourense.

2. Fixar como sistema de xestión o de cooperación, mediante reparcelación.

3. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante publicación no DOG e notificación persoal a tódolos propietarios afectados.

De conformidade co disposto no artigos 121 e 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren oportunas.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente