Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 273/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 21 de outubro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación dunha unidade reparcelable na zona 17 do sector urbano SU 44 entre as rúas Río Navea e Alejandro Pedrosa, incoado para regularización de predios, nos seguintes termos:

Parcelas resultantes:

Parcela edificable A. Parcela urbana sita en Alejandro Pedrosa nº 9, sensiblemente rectangular, que ten unha superficie de 141 m, (cento corenta e un m), que se atribúe ou adxudica a Abel Toral Iglesias, coa carga de lle aboar a José Fernández Fernández, en representación de Gloria Quiroga Moure, a cantidade de 1.206.407 ptas. como indemnización e estrema.

Norte: en liña de 8 m coa rúa Alejandro Pedrosa.

Sur: en liña de 1 m con parcela propiedade de Gloria Quiroga Moure e en liña de 5,85 m coa rúa Río Navea.

Leste: en liña de 19,3 m coa casa e predio 7 da rúa Alejandro Pedrosa (parcela Catastral nº 33970-21).

Oeste: en liña quebrada de 16,20 m co edificio nº 11 da mesma rúa.

Parcela de cesión B. Parcela urbana, que se atribúe ou adxudica ó concello como vía que debe urbanizarse para que a parcela A reúna os requisitos de soar, cunha superficie de 19,80 m, (dezanove m e 80 cm) que estrema:

Norte: con rúa Alejandro Pedrosa en lonxitude de 8.

Sur: en lonxitude de 8 m con parcela edificable A, nº 9 da rúa Alejandro Pedrosa.

Leste: con rúa Alejandro Pedrosa en lonxitude de 2,10 m.

Oeste: con rúa Alejandro Pedrosa en lonxitude de 2,60 m.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódolas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren oportunas.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente