Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.001

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de novembro de 1999 pola que se lle autoriza a apertura e funcionamento ó centro privado de formación profesional específica Olympia-Suso Añón de Ferrol.

Examinado o expediente instruído por instancia de Jesús Añón Pardiñas, no que solicita autorización para a apertura e funcionamento do centro privado de formación profesional específica Olympia-Suso Añón de Ferrol, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio perruquería da familia profesional de imaxe persoal.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 629/1995 (BOE do 21-9-1995) polo que se establece o título de técnico en perruquería, Decreto 59/1999 (DOG do 17-3-1999) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en perruquería, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento ó centro privado de formación profesional específica Olympia-Suso Añón de Ferrol, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio perruquería da familia profesional de imaxe persoal, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: estrada de Castela, 7-9 baixo.

Código do centro: 15032054.

Denominación: centro privado de formación profesional específica Olympia-Suso Añón.

Titular: Suso Añón Peluqueros, S.L.

Composición resultante:-Ciclo formativo de grao medio perruquería da familia profesional de imaxe persoal, 2 unidades, para 30 alumnos/unidade.