Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación dun contrato de asistencia consistente en traballos de colaboración na fiscalización do Concello de Lugo.

A Comisión de Goberno deste Consello de Contas, en sesión celebrada o día 17 de novembro do presente ano, acordou dispo-la apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de asistencia consistente en traballos de colaboración na fisca

lización do Concello de Lugo, co detalle que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: traballos de colaboración na fiscalización do Concello de Lugo correspondente ó exercicio 1997.

b) División por lotes: non.

c) Prazo de execución: durante o ano 2000. Tres meses a partir da orde de inicio do traballo de campo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.000.000 de ptas., equivalentes a 24.040,48 euros.

5. Garantías:

Provisional: 80.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, 29.

c) Localidade e C.P.: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 22 00.

e) Fax: 981 54 22 10.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

-Solvencia económica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 de la LCAP.

-Solvencia técnica ou profesional: é necesario achegar certificación de estar inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, o que se require ó abeiro do disposto na letra g) do artigo 19 da LCAP. Ademais, será preciso achegar calquera outro dos medios de proba recollidos nas restantes letras do mesmo artigo.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que se presentará: segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da institución, rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

No edificio sede do Consello de Contas, ás trece horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte, de ser aquel sábado ou feriado.

10. Outras informacións:

Expediente tramitado ó abeiro do disposto no artigo 70.3º de la LCAP. Suxeito ás condicións suspensivas previstas no artigo 70.4º da mesma norma e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto.

11. Gastos do anuncio:

A conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia