Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.532.359 e catro máis).

a) Obra.

1. Abastecemento, saneamento e recollida de pluviais en Baltar. (Baltar-Ourense).

Clave: OH.532.359.

Orzamento: oitenta e oito millóns oitocentas cincuenta mil (88.850.000) pesetas, equivalentes a 533.999,255 euros.

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Ampliación ETAP e bombeo na Merca. (A Merca-Ourense).

Clave: OH.232.360.

Orzamento: corenta e dous millóns (42.000.000) de pesetas, equivalentes a 252.425,084 euros.

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento en Teimende, Castro e Caxide. (Parada de Sil-Ourense).

Clave: OH.232.362.

Orzamento: vinte millóns catrocentas cincuenta mil (20.450.000) pesetas, equivalentes a 122.906,975 euros.

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Saneamento e abastecemento en Pereda e A Armada. (Cartelle-Ourense).

Clave: OH.532.363.

Orzamento: vintecinco millóns (25.000.000) de pesetas, equivalentes a 150.253,026 euros.

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento e saneamento en Valadares. (Vigo-Pontevedra).

Clave: OH.536.416.

Orzamento: oitenta e sete millóns cento noventa e catro mil cento setenta e unha (87.194.171) pesetas , equivalentes a 524.047,522 euros.

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra a) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de con-

tratos das administracións públicas (modificado polo artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día dezasete (17) de decembro de 1999.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vintesete (27) de decembro de 1999.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia