Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de outubro de 1999 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal de Baiona (Pontevedra) no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo,

establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, no seu artigo 1 establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada a solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música polo concello de Baiona (Pontevedra), os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993. Na súa virtude

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola, da que se mencionan os seus datos no anexo a esta orde, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-A escola de música citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Baiona.

Localidade: Baiona.

Enderezo: rúa Alférez Barreiro, 20-21.

Código do centro: 36024100.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Baiona.

Titular: Concello de Baiona (Pontevedra).