Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de novembro de 1999 pola que se concede o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ó Premio Galicia de Investigación 1999.

Por orden da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de xuño de 1999 (DOG do 8 de xuño), convocouse o Premio Galicia á Innovación Empresarial correspondente ó Premio Galicia de Investigación 1999.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Concederlle o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 1999, á empresa Astine, S.A., pola súa innovación Nova Bifornia para o Troquelado Rotativo.

Esta orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública