Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio de asistencia sanitaria para o persoal funcionario en activo (e os seus respectivos beneficiarios) da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 12056)

Obxecto: o obxecto do concurso é a contratación do servicio de asistencia sanitaria para o persoal funcionario en activo da Deputación Provincial da Coruña (que tivese ingresado antes do 1 de abril de 1993) cos seus respectivos beneficiarios.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Orzamento: aplicando a un colectivo previsto de 989 persoas (incluídos beneficiarios), la prima mensual por persoa que oferten os licitadores terá unha contía máxima de 6.000 ptas. impostos incluídos, por persoa.

Prazo de execución: para os efectos do presente contrato iniciarase ás cero horas do día 1 de xaneiro do 2000 e estenderanse ata as 24 horas do día 31 de decembro do 2003.

Forma de adxudicación: concurso pro procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 19 de novembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña