Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de material informático con destino á imprenta provincial. (Expediente 99/11869, do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de material informático con destino á imprenta provincial.

Lugar de entrega: imprenta provincial.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 3.464.016 ptas./20.819,16 euros, desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de novembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña