Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 11 do PXOU, rúas da Estrada e San Amaro.

No BOP número 196, do 11-10-1999, insírese anuncio deste concello no que se publica integramente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 11 do PXOU de Pontevedra, sita nas rúas da Estrada e San Amaro, e que foi inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno (delegación da Alcaldía do 6-7-1999) na sesión do pasado vinteseis de xullo, por instancia das entidades Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L. e Promociones Doela, S.L.

Durante o prazo de vinte días a partir da publicación deste anuncio exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado, no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Dona Tareixa), para que poida ser examinado por cantas persoas se consideren interesadas ou afectadas.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Pontevedra, 20 de outubro de 1999.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera LorenzoAdolfo Castro Pérez

Tenente de alcalde da Área Secretario accidental

de Urbaniso e Medio Ambiente