Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Meira.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: saneamento, acondicionamento e iluminación da área verde da zona escolar de Meira.

b) Lugar de execución: Vila de Meira.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.914.050 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 278.281 pesetas. Estando exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 556.562 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Meira. Secretaría.

b) Domicilio: praza do Concello s/n.

c) Localidade e código postal: Meira, 27240.

d) Teléfono: 982 33 01 02.

e) Fax: 982 33 01 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido nas cláusulas 7.1º e 7.2º do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que se presentará:

As proposicións presentaranse en tres sobres cerrados.

Sobre A subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B subtitulado personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.2º do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Sobre C subtitulado referencias técnicas, conterá os documentos reflectidos na cláusula 11.3º do prego.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Meira. Secretaría.

2ª Domicilio: praza do Concello s/n.

3ª Localidade e código postal: Meira, 27240.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (melloras de calidade) como cuantitativas (novas Ud. de obra), formulándose de conformidade co previsto na cláusula 11.3º d) do prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de sesións da Casa do Concello de Meira.

b) Domicilio: praza do Concello s/n.

c) Localidade: Meira.

d) Data: o segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación do proposicións (non sendo sábado).

e) Hora: ás 17 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se produzan.

Meira, 17 de novembro de 1999.

Rosendo Folgueira Valle

Alcalde