Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 5/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 12 de novembro de 1999, adoptou o seguinte acordó:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a execución do Plan especial de selaxe, peche e rexeneración do actual vertedoiro do Bens e mellora do medio rural no Monte das Pallas.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes mediante a inserción dos anuncios correspondentes na prensa e diarios oficiais, e remitir notificacións pesoais a aqueles que neste momento aparecen como interesados no expediente nos termos que prevén o artigo 145.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, para que durante

o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, sito na Avda. de Mariña 18, de luns a venres entre as 12.30 e as 14 horas, así como presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres entre as 12 e as 14 horas. Así mesmo ponse de manifesto a conveniencia de presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentos que xustifiquen a titularidade de parcelas e dereitos afectados.

A Coruña, 15 de novembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde