Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999 pola que anuncia concurso público, con procedemento aberto, para a instalación de calefacción no edificio municipal de Servicios Múltiples na rúa San Francisco.

Aprobado polo Pleno do Concello, o 9-11-1999, o prego de condicións particulares-administrativas e técnicas que rexerá o concurso público para a contratación da instalación de calefacción no edificio municipal de Servicios Múltiples na rúa San Francisco, exponse ó público por espación de oito días hábiles, de conformidade coa lexislación vigente.

Anúnciase concurso público, con procedemento aberto, para contratación de la instalacións referida.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 29/1999.

2. Obxecto do contrato.

Instalación de calefacción no edificio municipal de Servicios Múltiples na rúa San Francisco.

a) División por lotes e número: non.

b) Lugar de execución: edificio municipal de Servicios Múltiples na rúa San Francisco.

c) Prazo de execución (meses): dous.

3. Tramitación, procedemento y forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico: prezo máximo da contratación: 6.500.000 pesetas anuais, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 130.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidad: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: praza da Constitución 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

8. Documentación que hai que presentar.

A que consta no prego de cláusulas administrativas xerais.

a) Lugar de presentación: rexistro municipal.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: praza da Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación.

e) Hora: doce horas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 12 de novembro de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente