Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dicta a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca, no vindeiro ano 2000.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 22 de febreiro de 1999, pola que se fixan

os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 1999, na que se faculta o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para dictar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea no río Tea e, co obxecto de que se realice un aproveitamento ordenado da pesca da lamprea no río Tea, establécese un réxime especial para o vindeiro ano 2000 nos tramos e coas limitacións que a con

tinuación se indican ás que se deberán ate-las persoas autorizadas por permiso de 4ª categoría:

-Os medios que se empregarán serán a estacada, fisga (1 por pescador) e luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira situada en saínte sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente e cunha lonxitude máxima que non excederá a metade do leito fluvial, apoiándose nun extremo na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo a ela.

-Prohíbese ter na estacada un número superior de fisgas a pescadores con permiso presentes nela; sendo todos eles responsables do incumprimento desta condición.

-O período hábil de pesca será desde o 24 de xaneiro ata o 29 de abril.

-A pesca realizarase en días alternos, pescando os luns, mércores e venres desde as estacadas impares e os martes, xoves e sábados desde as pares. As persoas que pesquen os luns, mércores e venres comezarán ás 21 destes días e poderán facelo ata as 8 do día seguinte. As persoas que o fagan os martes, xoves e sábados comezarán as 21 destes días e poderán facelo ata as 8 do día seguinte.

-Prohíbese a pesca desde as 21 dos domingos ata as 21 dos luns.

-Só se autoriza a pesca da lamprea desde 700 metros augas abaixo da ponte romana de Ponteareas ata a confluencia do Tea co río Miño.

* Requisitos que hai que seguir na instalación das estacadas:

-Deberán estar debidamente numeradas e situadas de conformidade co recollido no anexo, onde fixe sobre o terreo o persoal da Consellería de Medio Ambiente, e ningún caso se poderá monta-las estacadas fóra do lugar establecido, nin se poderá cambiar de marxe. No caso de que os adxudicatarios de 2 estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente solicitarano previamente e, se é o caso, montarase no lugar correspondente á sinalada máis augas abaixo.

-Deberán ter acceso desde terra e, en ningún caso, as dimensións das estacadas pasarán a metade do río.

-Non se poderá cortar vexetación de ribeira sen autorización do Servicio de MAN, de acordo co establecido na vixente Lei 7/1992, de pesca fluvial.

-Finalizado o réxime especial o día 29 de abril, os pescadores disporán dun prazo de 15 días para retira-las estacadas e demais instalacións, deixando o contorno libre de lixo, e presentar debidamente cubertos os libros de rexistro de capturas no refuxio da Freixa ou no Servicio de Medio Ambiente Natural en Pontevedra, rúa Benito Corbal, 47-5ª planta.

Do incumprimento dos anteditos requisitos de instalación e retirada das estacadas responderán tódalas persoas autorizadas conxunta e solidariamente.

A pesca desde as estacadas enténdese selectiva para a lamprea, non podendo causar dano a outras especies piscícolas.

Tódolos pescadores, antes de proceder á instalación das estacadas, deberán estar en posesión da licencia de pesca e dos permisos de 4ª categoría para cada día. Documentos que deberán levar consigo xunto co DNI durante a práctica desta actividade.

As barcas empregadas polos pescadores para os labores auxiliares da pesca da lamprea deberán estar en posesión de licencia especial para embarcación (licencia clase E). Estas embarcacións deberán levar en lugar ben visible o número de estacada que lle correspondese no sorteo. En ningún caso, estas barcas poderán ser accionadas a motor.

O persoal que designe o Servicio de MAN revisará cada estacada e cando non se axuste ás condicións fixadas ou non exista persoa autorizada para a pesca desde ela procederase ó seu levantamento.

Se durante a temporada de pesca da lamprea os axentes observan que algún pescador incumpre calquera outra condición desta normativa poderalle retirar, nese momento, os permisos que lle resten, sen dereito a devolución do seu importe.

Os postos de pesca, para a colocación das estacadas recollidas no anexo, serán obxecto de sorteo público que será realizado por parte do Servicio de MAN de Pontevedra na data, hora e lugar que este fará público.

O Servicio de MAN, por razóns hidrobiolóxicas, de estiaxe ou calquera outra que o faga necesario, poderá modifica-lo contido desta normativa adoptando medidas axeitadas.

* Sorteo de postos de pesca para a captura da lamprea no río Tea:

Para poder participar neste sorteo os interesados deberán presentar:

-Solicitude segundo modelo oficial.

-Fotocopia cotexada do DNI.

O sorteo para a posesión dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 14 de xaneiro de 2000, ás once horas, á vista das solicitudes que para este fin se reciban no Servicio Provincial de MAN, r/ Benito Corbal, 47-5ª planta (Pontevedra) ata o 17 de decembro de 1999.

A zona de pesca de lamprea divídese en dous tramos segundo anexo:

1º tramo: desde a ponte do ferrocarril ata a presa do Cordeiro cun número de 20 estacadas.

2º tramo: desde a presa do Cordeiro ata a praia de Moscadeira cun número de 30 estacadas.

Procederase en primeiro lugar ó sorteo dos postos do primeiro tramo, elixindo cada solicitante e logo da presentación do DNI, pola orde obtida no sorteo. A continuación repetirase outro sorteo para o segundo tramo.

De acordo co número obtido no sorteo, cada pescador retirará un lote de 42 permisos de 4ª categoría logo de pagamento do prezo público de 10.500 ptas. (250 ptas. por cada permiso) e presentación da licencia de pesca.

A cada posto de pesca deberán optar catro pescadores xuntándose na mesma solicitude. Se se comprobase que o nome dun pescador aparece recollido en máis dunha solicitude, procedarase á súa anulación.

Os permisos serán persoais e intransferibles, polo que ningún pescador poderá facer uso doutro permiso que non fose o seu propio, nin pescar desde un posto distinto ó que figura no seu permiso.

Se quedase algún posto vacante sortearase entre os pescadores que quedasen sen posto nos sorteos anteriores.

Non se cambiará ningún posto despois da elección do sorteo.

Os pescadores que teñan pendente o pagamento dalgunha sanción administrativa da lexislación de pesca non poderán optar ó sorteo das estacadas.

Xunto cos permisos entregaranse uns libros de rexistro de capturas que deberán ser debidamente cubertos e deberán estar sempre á disposición dos axentes de MAN. O cumprimento deste requisito será indispensable para optar ó sorteo da próxima temporada.

Pontevedra, 16 de novembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO I

ESTACADAS DO RÍO TEA 2000

Lonxitude total: 12.372 m.

Tramo 1º: 3.252 m

Presa do Cordeiro

Distancia

20Ponte do Cordeiro

180

19

100

18

173

17

677

16

50

15

352

14

100

13

120

12

120

11

100

10

305

9

115

8

80

7

80

6Ponte PO-416

370

5Ponte Romana

60

Distancia

4

50

3

60

2

100

1

60

Ponte do ferrocarril

Tramo 2º: 9.120 m

Praia de Moscadeira

Distancia

120

30

100

29

150

28

80

27

210

26

160

25

120

24

120

23

90

22

120

21

110

20

110

19

110

18

250

17

100

16

100

15Desembocadura do río Uma

590

14

100

13

100

12

100

11

300

10Ponte das Partidas

220

9

1.850

8

1.350

7

200

6

210

5

290

4

100

3

400

2

120

1

1.120

Presa do Cordeiro