Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 16 de novembro de 1999, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de prestación de servicio.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: prestación do servicio de limpeza das oficinas do Inludes (4ª e 5ª planta).

3. Orzamento: dous millóns seiscentas vintecinco mil pesetas (2.626.000 pesetas).

4. Prazo de execución: un ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección de Servicios Xerais-Negociado de Xestión de Programas. Rexistro e Información.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 263, do 16 de novembro de 1999.

Lugo, 16 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo