1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.
2. Obxecto: servicio de publicidade de actividades que realice o Inludes durante o ano 2000.
3. Orzamento: catro millóns oitocentas mil pesetas (4.800.000 pesetas).
4. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31-12-2000.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Sección de Servicios Xerais-Negociado de Xestión de Programas. Rexistro e Información.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 261, do 13 de novembro de 1999.
Lugo, 15 de novembro de 1999.
Enrique Fernández González
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
en funcións
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo