Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 8 de novembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a remodelación de volumes e o reaxuste de aliñacións na Avda. Rosalía de Castro, redactado polo arquitecto Jesús María Diéguez Pazos e promovido por Mahía Santiago, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 10 de novembro de 1999.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde