Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do avance do PERI IV-09 Baixada de San Roque (expediente 5089/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 21 de outubro de 1999, e posteriormente o 4 de novembro, acordou respectivamente, tomar coñecemento do avance do Plan especial de reforma interior Baixada de San Roque (expediente número 5089/411) presentado por José Fernández Aguiar en representación da comisión xestora do PERI Baixada de San Roque, redactado polo arquitecto José María Catalán Pérez de Lis, con data de visado polo COAG do 30 de xullo de 1999; así como a súa posterior correción de erros.

Sométese o expediente de referencia a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio, co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxestións que consideren oportunas e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do púlbico, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren

descoñecidos ou ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 8 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo