Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de novembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Oliveira número 2, a favor de Carlos Brión Tubío.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31), e no artigo 10 do Decreto 406/1996 do 7 de novembro, (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Téc

nico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Oliveira nº 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 56.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data de finalización da última prórroga: 3-12-2006.

Anteriores concesionarios: Asunción Tubío Ouviña (76.450.818) e Juan Brión Muñiz (33.169.833).

Novo titular da concesión e batea: Carlos Brión Tubío (33.283.724).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 46 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña