Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de outubro de 1999 pola que se aproban os cambios de dominio das bateas Mascato I, Mascato II, Pérez I e Combarro II.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Nome da batea: Mascato I.

Cultivo: Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Portonovo A cuadrícula 61.

Data da concesión: 15-3-1974 (BOE nº 82).

Data na que remata a última prórroga: 5-4-2004.

Anterior concesionario: Ramiro Camiña Castro, DNI 35.286.830-T.

Novo titular da concesión: Mariscos Pato-Mar, S.L., CIF B-36.309.987.

Nome da batea: Mascato II.

Cultivo: Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Portonovo A cuadrícula 62.

Data da concesión: 15-3-1974 (BOE nº 82).

Data na que remata a última prórroga: 5-4-2004.

Anterior concesionario: Ramiro Camiña Castro, DNI 35.286.830-T.

Novo titular da concesión: Mariscos Pato-Mar, S.L., CIF B-36.309.987.

Nome da batea: Pérez I.

Cultivo: Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Portonovo A cuadrícula 14.

Data da concesión: 15-3-1974 (BOE nº 72).

Data na que remata a última prórroga: 5-4-2004.

Anterior concesionario: Ramiro Camiña Castro, DNI 35.286.830-T.

Novo titular da concesión: Mariscos Pato-Mar, S.L., CIF B-36.309.987.

Nome da batea: Combarro II.

Cultivo: Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Portonovo A cuadrícula 37.

Data da concesión: 4-10-1966 (BOE nº 237).

Data na que remata a última prórroga: 4-10-2006.

Anterior concesionario: Visitación Martínez Bernárdez, DNI 35.211.668-W, Ángel Castiñeira Martínez, DNI: 35.177.272-Z.

Novo titular da concesión: Mariscos Pato-Mar, S.L., CIF: B-36.309.987.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Pontevedra, 27 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra