Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 201, do 18 de outubro de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:
-Na páxina 12.330, no artigo 8º, onde di: «... nin exhibir outra categoría que aquela na que se atopar clasificado», debe dicir: «... nin utilizar outra categoría que aquela na que se atopara clasificado».
-Na páxina 12.331, no artigo 10º, punto 5 onde di: «... poderá razoadamente dispensar un establecemento...», debe dicir: «... poderá razoadamente dispensar a un establecemento...».
-Na páxina 12.331, no artigo 11º, no segundo parágrafo, onde di: «... Para estes efectos, os interesados presentarán, de documentación que se relaciona no artigo 12º...», debe dicir: «... Para estes efectos, os interesados presentarán, da documentación que se relaciona no artigo 10º...».
-Na páxina 12.332, no artigo 12º, onde di: «... achegando para iso os documentos relacionados no artigo 12º...», debe dicir: «... achegando para iso os documentos relacionados no artigo 10º...».
-Na páxina 12.332, no artigo 18º, onde di: «... coa categoría que exhiba o establecementos...», debe
dicir: «... coa categoría que teña o establecemento...».
-Na páxina 12.333, no artigo 23º, onde di: «... esixidas nas disposicóns sobre a materia...», debe dicir: «... esixidas nas disposicións sobre a materia...».
-Na páxina 12.333, no artigo 28º, onde di: «... con suxeición estrica ó ordenamento urbanístico vixente...», debe dicir: «... con suxeición estricta ó ordenamento urbanístico vixente...».
-Na páxina 12.337, no artigo 62º, onde di: «As cuartos estarán...», debe dicir: «Os cuartos estarán...».
-Na páxina 12.339, no artigo 82º, onde di: «... e comidas e bebidas nas cuartos...», debe dicir: «... e comidas e bebidas nos cuartos...».
-Na páxina 12.340, na disposición transitoria primeira, onde di: «Ós establecementos de que á entrada en vigor...», debe dicir: «ós establecementos que á entrada en vigor...».
-Na páxina 12.340, na disposición transitoria segunda, no punto 1, onde di: «... para adapta-las súas instalacións e servicios á categoría que exhiban», debe dicir: «... para adapta-las súas instalacións e servicios á categoría que teñan».
Na páxina 12.340, na disposición transitoria terceira, no punto 3, onde di: «... dificulten a realización de tales adaptacións...», debe dicir: «... dificulten a realización de tales adaptacións conforme ó sinalado no artigo 10º punto 5 desta disposición».
-Na páxina 12.341, no anexo I, deberán figurar ademais estoutras placas:
-Na páxina 12.342, o modelo de solicitude que consta no anexo II debe ser substituído polo que segue:
-Na páxina 12.343, no anexo III, no punto B COMUNICACIÓNS, onde di: «De incendios», debe dicir: «(*) De evacuación», e onde di: «As escaleiras e accesos de servicios poderán utilizarse como de evacuación sempre que reúnan as condicións esixidas pola normativa específica vixente...», debe dicir: «... As escaleiras e accesos de servicios poderán utilizarse como de evacuación sempre que reúnan as condicións esixidas pola normativa específica vixente...».
-No remate do texto do recadro de comunicacións debe dicir: «(*) Só para o caso de que a escaleira de clientes non reúna todos e cada un dos requisitos esixidos pola normativa vixente en materia de protección contra incencios».
-Na páxina 12.343, no anexo III, no recadro correspondente ós ascensores, montacargas e montapratos, ás categorías de 5, 4, 3 e 2 estrelas deberáselles, engadi-la correspondente a 1 estrela.
-Na páxina 12.343, no anexo III, na última liña, onde di: «(*) Nos hoteis de 5 estrelas o 5% do total de habitacións...», debe dicir: «(*) Nos hoteis de 5 estelas o 5% do total dos cuartos...».
-Na páxina 12.344, no anexo III, no recadro correspondente á superficie mínima dos cuartos e dos baños, ás categorías de 5, 4, 3 e 2 estrelas deberáselles engadi-la correspondente a 1 estrela.
-Na páxina 12.344, no anexo III, no recadro correspondente ós artigos de acollida e hixiene nos cuartos,
onde di: «Gamuza ou esponxa para...», debe dicir: «Rebezo ou esponxa para limpeza do calzado», e onde di: «Albornoz e pantufas de tea...», debe dicir: «Albornoz e pantuflas de tea...».
-Na páxina 12.346, no anexo V, no referente ós dormitorios, onde di: «... non se supere a porcentaxe establecida na alínea a) do artigo 53º...», debe dicir: «... non se supere a porcentaxe establecida no punto a) do artigo 51...».