Por resolución da Alcaldía, con data do 4 de outubro de 1999, probouse definitivamente o proxecto de compensación da unidade de execución A Valexa sita na parroquia de Veigue, presentado por José García Fernández, propietario único do terreos.
Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición perante a Alcaldía dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción desta notificación.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da recepción da notificación da desestimación, cando esta sexa formulada de forma expresa, ou no prazo de seis meses
contado desde o día seguinte a aquel no que o referido recurso de reposición teña que entenderse desestimado de forma presunta.
Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere conveniente.
Sada, 25 de outubro de 1999.
O alcalde
Rubricado