Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcadía, con data do 4 de outubro de 1999, aprobouse definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de execución A Valexa sita na parroquia de Veigue, presentado por José García Fernández, propietario único dos terreos.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición perante a Alcaldía dentro do prazo dun mes contado o día seguinte ó da recepción desta notificación.

Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da recepción da notificación da desestimación, cando esta sexa formulada de forma expresa, ou no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que o referido recurso de reposición teña que entenderse desestimado de forma presunta.

Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere conveniente.

Sada, 5 outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado