Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión do 24 de setembro de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Promocións Valentín e Veiga, S.L., que comprende unha parcela pertencente ó solo urbano (en San Pedro da Ramallosa) e que se regula polas ordenanzas 3 e 6, tendo como finalidade a ordenación do volume da parte que afecta á ordenanza 6. O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O referido acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se coide precedente.

Nigrán, 13 de outubro de 1999.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde