Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

Anuncio de concurso, con procedemento aberto, para a contratación dos traballos de confección do Plan Xeral Municipal de Ordenación do Concello de Neda.

1. Obxecto do contrato: execución dos traballos de confección do Plan Xeral Municipal de Ordenación do Concello de Neda.

2. Información: secretaría do concello.

3. Proposicións: poderán presentarse no Rexistro Xeral de Entrada do concello, en horas das 9 ás 13 tódolos días laborables, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

4. O texto íntegro figura no BOP número 262, do 15 de novembro.

5. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Neda, 16 de novembro 1999.

Xosé C. Pita López

Alcalde