Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 1011/99-3, interposto por Luciano Carracedo Berdiñas.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado nº 1011/99-3, interposto por Luciano Carracedo Berdiñas contra a Orde do 10 de setembro de 1998, pola que se publica o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de setembro de 1998, polo que se establece o sistema para a elección de posto con carácter definitivo, a Orde do 10 de setembro de 1998, pola que se convocan para a elección de destinos definitivos os aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de decembro de 1995 (DOG nº 179, do 15 de setembro), a Orde do 22 de setembro de 1998, de adxudicación, con carácter definitivo, de postos ós funcionarios (DOG nº 188, do 28 de setembro) e a Orde do 23 de decembro de 1998, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral

da Xunta de Galicia (DOG nº 250, do 29 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, no prazo de 9 (nove) días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública