Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto e urxente para a contratación dos servicios de seguridade do edificio sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela (A Coruña).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de seguridade do edificio sede do Igape en Santiago de Compostela (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: C.P. nº A02/00: servicios de seguridade do edificio sede do Igape en Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Obxecto do contrato: prestación dos servicios de seguridade do edificio sede do Igape en Santiago de Compostela.

Prazo de execución: un ano a partir do inicio, que se producirá á expiración do contrato actualmente vixente (2 de xaneiro do ano 2000) ou desde a data de inicio da execución en caso de ser posterior a tal data, podendo ser prorrogada dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: trece millóns oitocentas corenta e seis mil cincocentas doce pesetas (13.846.512 ptas.), Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) incluído.

5. Garantías.

Provisional: 276.930 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito no Barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica