Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de outubro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por resultar descoñecido o seu domicilio, a resolución do expediente sancionador VP-C 51/1998.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infracccións en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 500.000 ptas., sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de outubro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 51/1998.

Carolina Badía Benzano.

Avda. Castelao, 25, baixo dta.

Polígono de Caranza.

Ferrol.