1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de vehículos do grupo D-1 para varios servicios da consellería, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: un (1) lote.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: ver prego de prescricións administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dezasete millóns seiscentas cincuenta e sete mil setecentas cincuenta e seis pesetas (17.657.756 ptas.) (106.125 euros).
(16.857.756 ptas. (101.317 euros) en metálico; 800.000 ptas. (4.808 euros) en bens taxados).
5. Garantías.
Provisional: trescentas cincuenta e tres mil cento cincuenta e cinco pesetas (353.155 ptas.) (2.123 euros).
Definitiva: setecentas seis mil trescentas dez pesetas (706.310 ptas.) (4.245 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral (Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 38.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: exenta.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 7 de decembro de 1999.
b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 10 de decembro de 1999.
e) Hora: 13 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1999.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria