Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1999, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Árbol (Vilalba-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Árbol (Vilalba-Lugo), que, co obxecto de que tomen posesión delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite para a dita toma de posesión o 30 de noviembre de 1999, e o 31 de marzo do 2000 para arboredo, na falta de acordo do propietario destas e o novo adxudicatario do predio no que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 1 de decembro de 1999, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Con arreglo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, na falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 26 de outubro de 1999.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo

Visto e prace

P.S.R.

Juan José Cabañó Fernández

Secretario da Delegación Provincial de Lugo