Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T.-C.T.-R.B.T. de Abelenda (3ª fase); no concello de Carballeda de Avia. (Expediente IN407A 99/90).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que

contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Localización: concello de Carballeda de Avia (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 321 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio existente da L.M.T. Faramontaos-Carballeda de Avia, e final no C.T. proxectado de Abelenda.

C.T. intemperie Abelenda, de 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

R.B.T. aérea de 890 m de lonxitude do C.T. proxectado de Abelenda, en conductor R.Z.

e) Orzamento: 6.010.926 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa;

iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 14 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/90.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. de Abelenda 3ª fase.Concello: Carballeda de Avia

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8CaboPiñeiralRamiro Viéitez RodríguezAbelenda das Penas

Carballeda de Avia

28168

9CaboMonte baixoRamón Domínguez DomínguezRúa Castañal, 12 baixo

36212 Vigo

28140

17CaboLabradíoBalbino Vilar VázquezO Cabo

32433 Carballeda de Avia

328132

20CalazosFroiteirasSaúl Castro RialCampo de Veiga

32433 Carballeda de Avia

37275

21CalazosLabradíoClara Hermida FernándezBalada Sta. Cristina 1ª Travesía.

Panasco 36214 Vigo

40

23CalazosLabradíoAgripina Estévez DovalAbelenda das Penas

32433 Carballeda de Avia

104

24CalazosLabradíoRamón Domínguez DomínguezRúa Castañal, 12 baixo

36212 Vigo

41860

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

25CalazosLabradíoSaúl Castro RialCampo de Veiga

32433 Carballeda de Avia

8

26CalazosLabradíoMiguel Vieites Fernándezr/ San Lorenzo, 37-4º (Oñate)

20560 Guipúzcoa

41210