Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Padín IV.
Situación: Redondela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 119 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 18 da L.M.T. Cidadelle-Pescanova ata o C.T. que se proxecta en Padín IV, no concello de Redondela. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 268 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de outubro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra